Todo apunta a que finalmente o París-Dakar de Noia será o vindeiro 14 de marzo xa que as condicións climatolóxicas semellan ser favorables. O prazo para a inscrición, según informou a concelleira de Eventos, estará aberto ate o día 12 de marzo.
Haberá premios por importe de 7.200€, e individual, parexas, comparsas e grupos, como cada ano tamén se farán cinco mencións especiais ao humor, simpatía e orixinalidade.
Visto que as datas semella que este ano a participación será elevada, a saída será as 21:00 hrs do Paseo Marítimo e chegará pola Rúa Rosalía de Castro ate a Alameda.
Nova de Marcos Castro

