O temporal da fin de semana leva consigo un muro en mal estado do CEIP da Barquiña

Pese a que a comunidade educativa xa tiña solicitado  o arranxo urxente deste muro situado no Ceip da Barquiña ao goberno municipal de Noia.

Este fin de semana as fortes rachas de vento fixeron que a árbore que estaba situada na ladeira do muro fixo que este se derrúbase. Afortunadamente este episodio viviuse na fin de semana o que provocou que non haxa que lamentar danos persoais.

Dende a comunidade educativa lamentan a falta de atención do goberno de Noia composto polo Partido Popular de Noia e os Noieses Independentes Agrupados de Marisol Villar.

Preguntadas a varias familias todas coinciden qu.e » cando se trata de recintos onde hai nenos hai que atender con urxencia, neste caso non pasou nada, pero pode pasar» outros lembran o mal estado de algunhas instalacións do propio centro onde entra auga.

Deja un comentario