O recente Campionato de España nas categorías cadete e júnior deixou grandes sensacións para os nosos representantes, cun destacado debut e moita entrega en cada combate.
Na categoría cadete, Gabriel Amado estreouse a nivel nacional cunha gran actuación, acadando un 5º posto moi meritorio. Tras librar a primeira rolda por sorteo, venceu en oitavos ao representante de Castela-A Mancha. Xa nos cuartos de final, no pase a medallas, caeu ante Cataluña. Sen dúbida, un gran debut que lle servirá de experiencia para o futuro.
Na categoría júnior, Yago Sande fixo unha gran competición. Comezou con forza gañando a súa primeira rolda contra Castela-León, pero en oitavos de final atopouse cun duro rival de Baleares, que lle impediu seguir avanzando. Como nos ten acostumados, loitou ata o final e deixou todo no tapiz.
Pola súa banda, Lucía Salanova non tivo o seu mellor día e caeu na primeira rolda. A competición sempre presenta retos difíciles, pero toca levantarse e seguir traballando para volver máis forte.

