A Xunta licita a redacción dos planos do centro de saúde de Noia cinco anos logo do anuncio inicial

Cinco anos despois do anuncio inicial, a Xunta de Galicia vén de adxudicar a redacción do proxecto e a dirección de obra do novo centro de saúde de Noia por un importe de 310.365 euros. A infraestrutura contará con máis de 3.300 metros cadrados e un investimento estimado superior aos 10 millóns de euros.

A necesidade deste novo centro vén motivada polas carencias que arrastra a sanidade na comarca. Noia sofre unha falta de persoal médico, con prazas sen cubrir en pediatría e medicina de familia, e nos últimos anos os recortes no Punto de Atención Continuada (PAC) reduciron os recursos dispoñibles para as urxencias.

Porén, a redacción do proxecto é só o primeiro paso dun proceso que aínda pode demorarse. A licitación das obras, imprescindible para que a construción comece, aínda non ten data, polo que a posta en marcha do centro de saúde segue sen prazo definido. A veciñanza deberá seguir agardando ata que o proxecto se converta en realidade.

Deja un comentario