A Asociación de Carrilanas de Esteiro cancela o festival por falta de financiamento


O colectivo lamenta a falta de apoio do Concello de Muros e asegura que non hai recursos para organizar o evento. 

A Asociación Esteirana de Carrilanas anunciou que este ano non se celebrará o Festival de Carrilanas de Esteiro debido á falta de financiamento suficiente. Segundo explican nun comunicado, o Concello de Muros non convocou ningunha reunión formal para negociar un posible incremento da axuda económica, o que deixa á organización sen os recursos necesarios para desenvolver o evento. 

A situación agrávase tras un ano de tensións entre a asociación e o goberno municipal. En 2023, a directiva da entidade xa denunciara un conflito de intereses coa concelleira de Cultura, Caridad González, que actuara como procuradora nun proceso xudicial no que a asociación estaba implicada. Aquel episodio rematou coa dimisión da directiva a comezos de 2024, alegando falta de apoio institucional.  Finalmente a asociación seguiu adiante co Festival e coa Baixada.

Polo momento, o Concello de Muros non emitiu ningunha resposta oficial ante este anuncio.

Imaxe da Asociación de Carrilanas de Esteiro das súas redes sociais.

Deja un comentario