A Escudería Berberecho deu un paso importante cara á inclusión coa instalación dunha carpa especialmente habilitada para persoas con mobilidade reducida. Esta iniciativa, posta en marcha na saída de Transportes El Jaime, contou cunha zona adaptada con todas as facilidades necesarias para garantir o acceso e a comodidade das persoas con diversidade funcional.
A proposta foi promovida por Juanjo Rodríguez Freire, quen impulsou a idea coa intención de facer do evento un espazo máis accesible e inclusivo. O éxito da iniciativa foi evidente, e puxo de manifesto a implicación e o compromiso da escudería co benestar de todo o público asistente.
Este tipo de accións sitúan á Escudería Berberecho como exemplo de responsabilidade social no ámbito do motor, promovendo non só a paixón polo deporte, senón tamén valores como a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.

