A protectora de animais Arca enfróntase a serios problemas de filtracións de auga no **almacén onde gardan o material para os seus mercadillos solidarios**, unha das principais fontes de financiamento para a súa actividade. Debido á humidade acumulada, moitos dos obxectos poderían estragarse, polo que a asociación fai un chamamento á colaboración cidadá.
Desde Arca solicitan a cesión temporal ou doazón de cubos, deshumidificadores, mopas e outros útiles de secado, que lles permitan controlar a situación e preservar o material almacenado.
As persoas interesadas en colaborar poden contactar coa protectora a través da súa páxina de Facebook, onde están a centralizar a recollida de axuda e a dar información actualizada sobre as súas necesidades.
A asociación agradece profundamente calquera tipo de apoio, lembrando que cada xesto conta para seguir axudando aos animais que máis o precisan.

