Concentración en Muros o 26 de abril para reclamar un servizo de pediatría digno


Muros – O vindeiro venres, 26 de abril, ás 12:30 horas, a Praza do Concello de Muros será o escenario dunha concentración cidadá en defensa do servizo de pediatría nos concellos de Muros e Carnota. A mobilización, promovida polo tecido asociativo, veciñal e educativo da zona, busca denunciar a situación actual da atención pediátrica e esixir solucións urxentes ás administracións.

Desde hai máis dun ano, os dous concellos comparten un único pediatra para atender a toda a poboación infantil, unha situación que os convocantes consideran “inaceptábel” e que está a afectar directamente á calidade asistencial e á conciliación familiar.

A mobilización busca visibilizar este problema e reclamar un modelo sanitario que garanta servizos públicos de calidade tamén no rural. “Defender a pediatría é defender o futuro da nosa comarca”, destacan desde a organización da protesta.

A concentración será un acto pacífico e aberto a toda a veciñanza, e enmárcase nunha loita máis ampla pola defensa dos servizos públicos e pola dignidade da vida no rural.

A cita é este venres, 26 de abril ás 12:30 h na Praza do Concello de Muros..


Deja un comentario