Noia, 22 de abril de 2025 – Un brutal ataque tivo lugar o pasado domingo, sobre as 2:00 da madrugada, no Paseo Marítimo de Noia, xunto á Estación de Autobuses. Un grupo de oito persoas rodeou a unha parella e propinoulles unha salvaxe paliza, deixando á vítima en estado grave.
A parella, que aínda non puido recuperarse completamente do shock, denuncia a violencia extrema que sufriron. Segundo a declaración da vítima, «estiveron 10 minutos dándome patadas na cabeza, foi brutal». A agresión foi tan intensa que a parella precisou ser asistida por un transeúnte que se atopaba na zona e que, afortunadamente, conseguiu axudarlles a chegar a un centro de urxencias.
Aínda que as vítimas se atopan estables, ambos seguen sufrindo ameazas, o que as levou a denunciar os feitos ante a Garda Civil. Na súa denuncia, tamén solicitan colaboración cidadá para obter máis información sobre os atacantes e esclarecer os feitos.
A parella critica, ademais, a falta de presenza da Policía Local en Noia e que non puideron denunciar ese mesmo día.. A falta de vixilancia na área, especialmente no Paseo Marítimo e arredores da estación de autobuses, xunto coas ameazas constantes que seguen recibindo, aumentan a sensación de impotencia entre a veciñanza.

