A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Noia pon en marcha unha nova edición do programa Concilia Verán, unha iniciativa destinada a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses estivais. O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolverase en horario de 8:00 a 15:00 horas.
O Concilia Verán estará dividido en seis quendas, que se estenderán dende xuño ata setembro, cun custo de 30 euros por quenda e por participante. A iniciativa busca ofrecer un espazo lúdico e educativo para os máis pequenos, ao tempo que permite ás familias compaxinar as súas obrigas profesionais co coidado dos fillos durante as vacacións escolares.
As persoas interesadas poden formalizar a inscrición a través do Rexistro de entrada do Concello. O prazo estará aberto ata o 26 de maio, e as prazas son limitadas. A publicación do listado de admitidos e excluídos está prevista para o 4 de xuño

