San Lázaro feito polvo

O paseo marítimo-fluvial de San Lázaro, situado sobre as marismas do río Tállara en Noia, atópase nun estado de grave deterioro, segundo denunciou unha conta de redes sociais con orientación ecoloxista. A través dunha publicación crítica, a conta puxo o foco na desidia institucional que permitiu que este espazo natural e recreativo chegase a unha situación “vergonzosa” e propia “do terceiro mundo”.

Nun tramo de pouco máis de 200 metros, poden observarse carteis informativos sobre a fauna e flora en condicións lamentables, semellando máis lixo ca material divulgativo. A denuncia tamén alerta da presenza de vertidos fecais sen depurar que chegan directamente á beira do río, poñendo en risco a biodiversidade da contorna.

As pasarelas de madeira e os miradoiros, que non recibiron mantemento en máis de dúas décadas, tiveron que ser pechados por risco de derrubamento. A zona, ademais, presenta acumulación de residuos e escombros.


Deja un comentario