Outes acolle unha xornada informativa sobre a convocatoria LEADER 2025


Outes, 13 de maio de 2025 — A asociación DELOA desprazarase ao municipio de Outes para presentar as axudas da convocatoria LEADER 2025, unha oportunidade clave para persoas emprendedoras, pequenas empresas e entidades que queiran impulsar proxectos con impacto económico, social e ambiental na comarca.

Durante a xornada, informarase sobre os requisitos e liñas de apoio dispoñibles, dirixidas a autónomos, empresas e entidades públicas ou privadas que desenvolvan a súa actividade dentro do territorio incluído na Estratexia de Desenvolvemento Local de DELOA.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de maio de 2025. As persoas interesadas poden consultar as bases completas e presentar o seu proxecto a través da ligazón: https://shre.ink/MmMc

Esta iniciativa pretende dinamizar o rural, promover o emprendemento e fortalecer o tecido socioeconómico local.


Deja un comentario