
A creatividade e o espírito das ondas chegarán esta semana a Noia coa presentación de Surfieras, o novo cómic da ilustradora e surfista Inma Mato (MIMASURF), publicado por Toxosoutos Editorial. O acto terá lugar este venres 12 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura, que se converterá nun espazo de encontro entre o surf, a arte gráfica e o público local.
A obra, que combina humor, aventura e a paixón polo mar, afonda no universo particular de Mimasurf, recoñecida polo seu estilo fresco e pola súa capacidade para transmitir, a través da ilustración, a filosofía que acompaña o surf como estilo de vida.
Xunto á autora, participarán tamén na presentación o surfista Pablo Aguado, que achegará a súa visión persoal sobre o mundo do surf e a cultura que o rodea, e a concelleira de Cultura, Chelo Martínez, quen destacará a importancia de incorporar propostas innovadoras e multidisciplinares á programación cultural do municipio.
A entrada será libre ata completar aforo, polo que se agarda unha boa acollida dunha actividade que une deporte, literatura gráfica e creatividade, e que promete atraer tanto a afeccionados ao surf como amantes do cómic e da ilustración.
Con Surfieras, Noia suma unha nova proposta cultural que invita a deixar que as ondas tamén leven ás páxinas.
